viernes, 24 de abril de 2020

MÓVETE

O sedentarismo é unha pandemia cuxos efectos se incrementan nestes tempos de confinamento. 
A actividade física e as técnicas de relaxación poden ser ferramentas útiles para axudar a manter a calma e seguir protexendo a saúde durante o tempo de confinamento.
Por iso é fundamental que, nas idades máis temperás onde se adquiren os hábitos, o noso alumnado continúe con rutinas de traballo físico que incidan sobre os compoñentes da condición física para a saúde (Resistencia  Cardio-respiratoria, Forza-resistencia muscular, flexibilidade e composición corporal), combinadas coas habilidades  motrices e  coordinativas.
Perante esta situación, a Dirección xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, a través dun grupo de especialistas en educación física e das súas familias deseñou unha programación semanal que permite ao alumnado traballar algúns destes aspectos.
Estes vídeos constan dunha serie de actividades físicas cunha duración de 15 minutos aproximadamente, deseñadas para ser desenvoltas na casa, sen apenas material específico e dunha maneira sinxela, divertida e significativa para o alumnado de educación primaria.
Na situación actual, o exercicio físico debe ser un dos maiores aliados para combater a tensión e a frustración dos e das pequenas. A idea é facelo sempre a través do lúdico e o xogo. Que aprendan xogando e xerarlles estímulo.

jueves, 2 de abril de 2020

#EU SON ATLETA DO CORONA VIRUS#

Este é o décimo noveno reto para realizar venres 29 de maio:




Este é o décimo oitavo reto para realizar xoves   21 de maio:






Este é o décimo sétimo reto para realizar mañá  martes 19 de maio:






Este é o décimo sexto reto para realizar mañá  venres 8 de maio:


Reto 16: Colle 5 zapatos ou zapatillas vellas, Tumbado boca arriba colle os zapatos cos pés e trata de metelos nun balde un a un situado detrás da túa cabeza. Se non eres quen de facelo podes xirar o teu corpo para poder meter os zapatos. Repite a operación ata que encestes en total 10 veces.






Este é o décimo quinto reto para realizar mañá  mércores 6 de maio:


Reto 15: Convértete nun troll e practica ioga. Deberás practicar un mínimo  de 15 minutos. Podes buscar na internet "ioga trolls", premer na ligazón de abaixo para seguir o vídeo ou se o prefires pon calquera outro vídeo de ioga para nenos e nenas.






Este é o décimo cuarto reto para realizar mañá día luns 4 de maio:

Reto 14: Salto de altura e baixo altura. Coloca un pau de vasoira sobre dúas botellas de auga mineral. Deberás saltalas e pasar por debaixo sen que caia o pau 10 veces. Se che parece moi fácil podes repetilo saltando cos pés xuntos e pasar por debaixo desprazándote boca arriba.






Este é o décimo terceiro  reto para realizar mañá día venres 1 de maio:

Reto 13: Lanzamento de zapato. Colle cinco zapatos vellos e séntate no chan. Deberás lanzar os zapatos e metelos nunha caixa ou balde que se atopa a unha distancia determinada segundo a túa idade. Cada vez que encestes un, deberás tocar o chan e saltar dando una palmada no aire cinco veces. Cando encestes os cinco verás superado o reto.





Este é o duodécimo  reto para realizar hoxe  día xoves 30 de abril:


RETO 12: Colle unha vasoira pona no chan e sáltaa 5 veces. Cando remates tes que ir correndo marcha atrás, coller o primeiro testemuño que estará a unha distancia determinada segundo a túa idade e deposítao nunha caixa preto da vasoira que saltaches. Repite cinco veces este exercicio ata que completes 25 saltos e collas os 5 testemuños. Os testemuños poden ser bonecos, latas, botellas, zapatos… o que se che ocorra. Se aínda non estás canso ou cansa repite o exercicio saltando cos pés xuntos







Boas a tod@s , vamos continuar cos retos do programa EU SON ATLETA CONTRA O CORONA VIRUS. Lembrade sacar fotos para facer recopilación ao final.


Este é o undécimo para realizar mañá  día mércores 29:

Reto 11: Ás apalpadas. Distribúe cinco rolos de papel hixiénico polo corredor da casa. Pide a axuda dunha persoa adulta e tapa os ollos cun pano.  Desprazándote en cuadrupedia (a catro patas) tenta localizar os rolos e colocalos todos un enriba do outro sen mirar. Se tes dificultade podes pedir a alguén que che axude dando indicacións. Cando remates poderás sacar o pano e terás superado o reto.







Este é o décimo reto para realizar mañá  día lunes 13 :
Reto 10: Imos facer ioga. Deixámosche distintas ligazóns para facer ioga con animais pero se prefires podes buscar outros videos ou titoriais dos moitos que existen na rede. Para superar o reto debes practicar estes exercicios durante 15 minutos. Vamos!







Este é o noveno reto para realizar mañá  día domingo 12:
Reto 9:  Realiza 10 voltas nun percorrido motriz que ti mesmo/a creas con zapatos, rolos de papel, latas, roupa ou o que teñas por casa. Fai as idas desprazándote en cuadrupedia (a catro patas) e as voltas facendo zigzag. Como testemuño para contar as voltas podes empregar tamén calquera material que teñas por casa.






Este é o oitavo reto para realizar hoxe  día sabado 11:

Reto 8: Sube e baixa 10 veces un chanzo dunha escaleira, banco ou cadeira pequena. Cando remates fai no chan a “croqueta” (xira sobre ti mesmo/a guindado/a no chan). Repite estes movementos ata que completes 15 minutos de exercicio.



Este é o sétimo reto para realizar hoxe  día venres 10:

Reto 7: Camiña en liña recta 15 minutos desprazándose só de forma que o talón do pé se poña a continuación da punteira do outro. Se tes menos de 6 anos podes apoiarte nas paredes. Cada vez que te desequilibres,  teñas que dar a volta ou cada certo tempo, tes que tocar o chan coas dúas mans e dar un salto con palmada no aire (tres veces). 



Para mañá XOVES 9 de abril, non imos propoñer ningún reto, así de novo daremos tempo aos nenos e nenas para que recuperen algún reto dos que propuxemos ata o de agora ou que inventen os seus propios exercicios. 




Este é o sexto reto para realizar mañá día mércores 8:

RETO 6: Reproducir unha coreografía de baile diante da TV, do ordenador, da radio ou poñendo un CD. Para ilo tes que disfrazarte de calquera xeito, poñer unha perruca, un sombreiro, o disfrace do pasado entroido, pintar a cara, o que ti decidas pero algo diferente. Prepáraa e baila durante 15 minutos.








Este é o quinto reto para realizar hoxe día martes 7:


RETO 5: Coa axuda dunha vasoira transportar unha pelota a ras do chan durante 10 minutos polo espazo do que dispoñas na túa casa. Se podes pon algún obstáculo como unha cadeira ou un libro guindado no chan para facelo máis complicado. Podes utilizar calquera pelota que teñas ou unha feita con papel. Lembra que non se pode tocar a pelota cos pés.





Este é o cuarto reto para realizar mañá día lunes 6:


RETO 4.-"Colle unha almofada pona no chan e sáltaa 5 veces. Cando remates tes que ir correndo, coller o primeiro testemuño que estará a unha distancia determinada segundo a túa idade e deposítao nunha caixa preto da almofada que saltaches. Repite cinco veces este exercicio ata que completes 25 saltos e collas os 5 testemuños. Os testemuños poden ser bonecos, latas, froitas, zapatos… o que se che ocorra. Se aínda non estás canso ou cansa repite o exercicio saltando cos pés xuntos".





Para mañá DOMINGO 5 de abril, non imos propoñer ningún reto e daremos tempo aos nenos e nenas para que recuperen algún reto dos tres que propuxemos esta semana ou que inventen os seus propios exercicios. Lembrade sacar fotos para facer un video ao final con todos os retos e cos exercicios propostos por cada un.

Correo:ceip.bainas@edu.xunta.es 


Este é o terceiro reto para realizar mañá día sabado 3:

3-   Transportar en cuadrupedia un libro durante 10 minutos. É dicir, debes poñerte a catro patas (pousando os xeonllos no chan), poñer un libro nas túas costas e desprazarte pola casa durante 10 minutos. Podes pedir axuda para colocar o libro nas costas. Se cae o libro, ou cada certo tempo tes que parar, e facer tres veces o seguinte: tocar o chan coas mans e dar no aire unha palmada. Podes facer os descansos que queiras pero lembra que tes que estar 10 minutosdesprazándote co libro  (sen contar o tempo que estás facendo os saltos). ÁNIMO!








Este é o primeiro reto para realizar hoxe día xoves 2:

1-  Coller na cociña una cunca, enchela de auga e poñela enriba da mesa. Tes que transportar toda a auga da cunca ata o cuarto do baño sen a axuda de ningún obxecto nin recipiente, só coa auga que podemos tranportar na nosa boca. Deste xeito terás que facer varios percorridos ata o baño para soltar a auga na bañeira ou no inodoro. Cando baleires toda auga da cunca e seques axeitadamente todo o que poideras mollar verás superado o reto.


Este é o segundo reto para realizar mañá día venres 3:

 2-  Coller un pano de mesa pequeno de papel (servilleta) ou papel de cociña e facer unha bola de papel con ela (pequena, do tamaño dunha pelota de ping pong). Debe quedar unha bola de papel ben apretada. Coa axuda dunha cana de refresco (palliña) , sen tocar a pelota coas mans e soprando debes transportar a bolita 20 metros. O percorrido pode ser no corredor de casa, no pallal, no comedor ou onde ti queiras, facendo idas e voltas. Lembra que o percorrido ten que ser de 20 pasos longos. Se no tes unha  palliña faino sen ela, soprando directamente á bola.